SOCI@S ANPA

SOCI@S ANPA

Ser soci@ da ANPA significa implicarse activamente no mundo que rodea e modela aos/as nos@s fill@s.

Porque a estas alturas tod@s sabemos que educación é moio máis que coñecementos.

Significa arrimar o ombreiro aquí e agora para, entre tod@s, traballar por un futuro mellor para nos@s fill@s. Porque non é posible un futuro mellor se non traballamos por un presente mellor.

QUE É A ANPA?

  • A ANPA participa no funcionamento das actividades educativas do centro, xestionando os programas de Madrugadores/as e de Comedor, as actividades extraescolares, etc.
  • Tamén organiza e colabora co centro en distintas celebracións, como a Festa de Fin de Curso.
  • Para inscribirse nos servizos de Comedor e Madrugadores/as e actividades extraescolares énecesario estar ao corrente de pago nas cuotas de socio/a ou en caso de non querer facerse socio/a, do pago dunha matrícula de 40€ á ANPA.
  • A cuota de socio úsase para sufragar gastos ordinarios e para organizar as actividades para @s nen@s (exhibición de actividades extraescolares, festa de fin de curso, orlas, etc.).
  • Cantos máis socios teña a ANPA, máis respaldo terán todos os pais/nais/nen@s ante outros órganos e máis actividades poderanse organizar.
  • Traballamos de modo voluntario, por iso todas as colaboracións son importantes!!