POR QUE ASOCIARSE?

Porque as familias, xuntas, podemos contribuír a dispoñer dun centro escolar público de calidade. Somos quen de traballar para contar con recursos de calidade que favorézan á mellor educación das nosas fillas e fillos.


Por un criterio económico. Detrás dunha programación de
actividades hai moito traballo: estudar que actividades queremos, contactar con entidades e empresas, axustar horarios e prezos. E despois de ter todo isto organizado, é preciso presentalo ao equipo directivo para que o considere e autorice, ceda os espazos necesarios e poida ser aprobado no Consello escolar.


As entidades e empresas deciden impartir as actividades no noso centro escolar por este traballo previo en lugar de facelo nos seus propios espazos soamente. E os prezos resultantes compensan o traballo previo da asociación.


Porque como asociación podemos organizar os servizos básicos de madrugadores/as e comedor escolar a un prezo máis baixo que se as familias contrátano pola súa conta. De non existir a Anpa, non habería modo de dispoñer destes servizos, que son de gran apoio á nosa conciliación. O prezo resultante é o mesmo para todos os centros escolares públicos da cidade co apoio da Federación de Anpas da Coruña, que se encarga de negociar as condicións para as Anpas federadas, como
é o noso caso.


Porque como asociación de nais e pais (segundo as posibilidades do equipo humano que configura a Anpa) podemos solicitar subvencións que nos permiten realizar servizos e actividades subvencionadas.
Aínda non te anotaches para participar en todos estes retos educativos?


Bule, e pasa á acción!!
611 47 39 06


Se non che collemos a chamada é porque tamén somos nais e pais coma vós, coas nosas vidas, traballos, crianzas, familias…
Así que escribe un whatsapp ou un mail e en canto poidamos, chamamos ou imos contestando.


apaturuxo@gmail.com


Recomendámosche que che suscribas ó noso blog, e poderás recibir no teu mail cada noticia nova que vaiamos incorporando.