QUE FACEMOS?

Desde a ANPA traballamos para ofrecer servizos, actividades e iniciativas que contribúan ao benestar do alumnado e faciliten o día a día das familias.

Xestionamos o servizo de comedor e o programa de madrugadores, coordinamos as actividades extraescolares e promovemos propostas que favorecen a conciliación da vida familiar e laboral.

Ao longo do curso organizamos tamén festas, campamentos e outras actividades lúdicas, culturais e educativas que enriquecen a experiencia escolar e fortalecen os vínculos entre as familias e o centro.

Ademais, colaboramos co equipo directivo e co resto da comunidade educativa para impulsar melloras, apoiar proxectos e trasladar ás administracións as necesidades e propostas das familias.

O noso obxectivo é contribuír a que o CEIP Rosalía de Castro siga sendo un espazo de aprendizaxe, convivencia, participación e crecemento para todo o alumnado.

COLABORADORES NAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLA ANPA: