ANPA ATURUXO

Asociación de nais e pais do alumnado do CEIP Rosalía de Castro da Coruña.

A ANPA Aturuxo é unha asociación sen ánimo de lucro formada por nais e pais do alumnado matriculado no CEIP Rosalía de Castro da Coruña.

O noso principal obxectivo é contribuír á formación académica, persoal e social dos nosos fillos e fillas, colaborando activamente na mellora da vida escolar e fomentando a participación das familias na comunidade educativa.

Para acadar estes fins, a ANPA Aturuxo desenvolve diversas iniciativas orientadas a mellorar a calidade educativa do centro e a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral:

  • Asesorar ás familias en todo aquilo relacionado coa educación integral dos seus fillos e fillas.
  • Promover actividades extraescolares de carácter formativo, cultural, lúdico e deportivo.
  • Colaborar coa dirección do centro nas actividades que organiza.
  • Favorecer espazos de encontro e colaboración entre as familias e o profesorado.
  • Impulsar a participación das familias nos órganos de representación e na vida do centro educativo.
  • Fomentar as relacións de cooperación entre o centro, outras institucións educativas e os distintos axentes sociais e culturais da contorna.
  • Promover a igualdade de oportunidades e a inclusión, defendendo os dereitos de todo o alumnado sen discriminación por razóns económicas, sociais, ideolóxicas, culturais, relixiosas, de orixe ou de xénero.
  • Solicitar ás administracións públicas os recursos, servizos e actuacións necesarios para garantir unha educación pública de calidade.
  • Presentar propostas, informes e iniciativas relacionadas coa educación e co benestar da comunidade escolar.

Na actualidade, a ANPA participa na organización e xestión de servizos e actividades fundamentais para as familias, como o programa de madrugadores, o servizo de comedor, as actividades extraescolares, festas, saídas extraescolares e outras iniciativas que contribúen a enriquecer a experiencia educativa do alumnado.