Rede sobre a cuberta do colexio.

A ANPA encárgase da xestión dunha serie de servizos fundamentais para o funcionamento do centro, o benestar do alumnado e a conciliación das familias, coma o comedor ou as actividades extraescolares. Tamén facemos festas! Pero, ademais, traballamos e pelexamos polo correcto mantemento das instalacións do centro, algo imprescindible para garantir a seguridade e o benestar dos peques.

Antes e depois do chan do colexio.

Outra das nosas vitorias foi a reparación do chan do comedor, que levaba moito tempo con buracos que implicaban un risco de caídas para todas as persoas que utilizan as instalacións todos os días.

Antes e depois dos azulexos dos baños.

Igualmente, coas xuntanzas cos representantes municipais conseguimos que se instalasen nos baños dispensadores de xabón e de papel hixiénico. Así mesmo, nos baños arranxáronse os azulexos, que estaban caendo ao chan, o que supoñía un perigo claro para a saúde dos nosos fillos e fillas.

O traballo da ANPA dá os seus froitos. Cantos máis sexamos, máis cousas conseguiremos para ter un cole mellor para os nosos peques!

Posted in

Deja un comentario