• ¡Estamos encantados de compartir que Eventos Coruña es ahora colaborador oficial de ANPA Aturuxo! A partir de ahora, todos los socios del ANPA Aturuxo podrán disfrutar de descuentos especiales en el alquiler de la sala La cacatúa come cacahuetes, perfecta para vuestras celebraciones, reuniones o cualquier plan que queráis montar.

    Estos son los descuentos ofertados:

    • Pack de semana. De lunes a jueves pack de 3 horas. El PVP sería de 105€, pero para los socios del ANPA sería de 75€. Aunque al ser horas sueltas, siempre damos media hora para decorar y otra media para recoger la realidad sería que son 4 horas por 75€. Por ejemplo, si alguien alquila la sala de 17:00 a 20:00 entraría a preparar la sala a las 16:30 y después de recoger todo podría salir a las 20:30.
    • Pack de viernes. Las características son las mismas que un pack de semana. Pero el precio de los viernes es más caro. De esta manera las 3 horas saldrían en 105€
    • Pack de fin de semana. Alquiler de día completo 20% de descuento. Este alquiler es de 12 de la mañana a 10 de la noche, aunque el horario de salida se podría ajustar un poco. Aquí el precio pasaría de los 250€ a 200€.

    Podéis contactarlos por los siguientes medios:

  • En la imagen de arriba podéis ver cómo quedan las extraescolares para este curso.

    Recordar que todas las entradas y salidas se realizarán por la calle Pontedeume.

  • En el siguiente PDF tenéis toda la información de las extraescolares que ofertamos este curso, si hacéis click en la actividad escogida seréis dirigidos a la inscripción (en unos casos una web y en otros un email).

    Recordar que las actividades son exclusivamente para socios del ANPA ATURUXO.

    Podéis asociaros al ANPA ATURUXO aquí.

    Para cualquier duda podéis contactarnos por los métodos habituales:

  • Desde hoy ya puedes inscribirte para el curso 2025 – 2026.

    Únete a nosotros y participa activamente en la educación de tus hij@s.

    En este enlace tienes toda la información necesaria para inscribirte.

  • 📢 Este curso está llegando a su fin. Ir preparando todo lo necesario para la gran fiesta 🎉 ( toallas, chanclas, mudas).

    ✓Horario: 16:15 horas a 19:00 horas.

    ✓Entrada:
    •Infantil por Rua Limia (entrada infantil).
    •De 1° E.P a 6° E.P por Rua Pontedeume.

    LOS HERMANOS QUE VAN EN CURSOS DISTINTOS EJEMPLO UNO EN INFANTIL Y EL OTRO DE 1° E.P A 6° E.P ENTRARAN POR LA RUA PUENTEDEUME.

    Le daremos la bienvenida al verano 🌞🏖, con hinchables de agua, música en directo y merendola.
    Teneis de plazo para inscribiros hasta el 18 de Junio (respetar los plazos de inscripción).

    🛑 RECORDAROS QUE NO HABRA SERVICIO DE BIBLIOTECA NI EXTRAESCOLARES. TENDREIS QUE RECOGER A LOS PEQUES DE COMEDOR EN EL MISMO HORARIO HABITUAL ( NO MAS TARDE DE LAS 16:00 HORAS).

    Vamos Familias empezar a inscribir a los peques !!!

    INSCRIPCIONES AQUÍ


  • Día 30/05/2025
    16:30 en primeira convocatoria
    17:00 en segunda convocatoria

    Orde do día:

    – Presentación e aprobación se procede das contas do exercicio 2024 – 2025.
    – Modificación de cota de socios.
    – Presentación do novo protocolo de convivencia de extraexcolares e
    campamentos aprobado polo consello escolar.
    – Presentación da proposta de actividades extraescolares para o curso 25-26.
    – Apertura de solicitudes de socios para o novo curso a partir do 02/06/2025.
    – Presentación do novo sistema de inscripción do comedor escolar (Jardanay)
    – Rogos e preguntas.
    Un saúdo

  • “Nenos e nenas son curiosos por natureza. Hai que estimular ese amor pola ciencia”

    May de Andrés

    May de Andrés é bióloga experta en epixenética -o estudo dos cambios xenéticos provocados por factores ambientais, hábitos ou a alimentación-. Investigadora Miguel Servet, traballa no INIBIC do CHUAC, un centro biomédico asociado á UDC no que neste momento analiza o impacto da dieta mediterránea na prevención da artrose, por exemplo potenciando o consumo de aceite de oliva.

    É, ademais, nai dun alumno do colexio, da aula de 6º de Educación Infantil, e é membro da Xunta Directiva da ANPA. Falamos con ela con motivo do Día da Ciencia na Rúa para saber algo máis sobre o seu traballo, o que a levou a desenvolver unha carreira investigadora ou as fórmulas para estimular os nenos e nenas interesadas polas ciencias.

    En que consiste o teu traballo e a investigación que estás a desenvolver nestes momentos no INIBIC?

    Traballo no Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, INIBIC, que está asociado ao hospital e á universidade. En concreto, estou dentro do grupo de reumatoloxía, no que levo a área de epixenética. Estamos interesados nos factores ambientais que poden axudar a previr a artrose, como a dieta. Nestes momentos estamos a comezar un ensaio clínico no que se lle vai dar aceite de oliva a pacientes que teñen artrose inicial -porque se está máis avanzada os efectos da dieta non se notarían tanto- co obxectivo de que se poida reverter un pouco.

    A vosa investigación é unha mostra de que a nosa saúde, ademais das cuestións xenéticas, depende moito dos nosos hábitos e de, por exemplo, a nosa alimentación. É así?

    Si, os factores ambientais e os nosos hábitos inflúen na nosa saúde. Neste caso, na aparición da artrose, pero tamén poderiamos estendelo a outras cousas. Ata agora a artrose viuse como unha enfermidade asociada á idade, asumindo que se envelleces vala ter si ou si.

    Viuse que a compoñente xenético, como mencionabas, é moi importante, pero o seu peso é dun 50%, o resto corresponde a outros factores. É o que se chama unha enfermidade multifactorial. Por exemplo, se es muller sófrela máis, tamén se tes sobrepeso… Algúns factores pódense controlar e outros non. A xenética non se pode controlar, claro, pero si o baixar de peso e o ter unha mellor alimentación. Son cousas que podes facer, para, polo menos, atrasar o avance da artrose.

    Creo que isto é importante para as familias do cole, pensando nos seus fillos e fillas: Como empezaches? En que momento tiveches claro que querías dedicarte á investigación, á ciencia?

    Ben, a verdade é que o de estudar Bioloxía decidino un pouco tarde. Pero realmente sempre souben que era de ciencias, e tiña claro que ía estudar algunha carreira de ciencias. Non sabía se Química, Bioloxía ou Matemáticas, aínda que tamén me gustaba Belas Artes. Ao final decanteime grazas a unha profesora que tiven, que era incrible. Creo que é algo que pasa moito.

    Escollín Bioloxía e xa no último ano empecei a interesarme un pouco pola investigación. Empecei a traballar na facultade e ante a dificultade de conseguir unha bolsa, acabei alternando a universidade co hospital. De feito, fixen a miña tese doutoral no CHUAC, onde estou agora. Iso si, despois marchei a Inglaterra durante uns anos.

    ¿Marchaches por necesidade ou porque era unha boa oportunidade para desenvolver a túa liña de investigación?

    Un pouco as dúas cousas. Eu creo que é importante ir a outros sitios, onde a investigación sexa un traballo máis serio, onde estea recoñecido como un traballo normal. En realidade, eu sempre quixera ir ao estranxeiro e para min non foi ningún esforzo. De feito, fun dúas veces, primeiro como parte do meu contrato postdoutoral e despois en 2010, no medio da crise. Daquela a cousa aquí estaba bastante mal e o meu xefe de Inglaterra quería que volvese. Estiven cinco anos e medio máis.

    ¿Por que volviches a Coruña?

    Ben, despois chegou o Brexit. E tamén por motivos persoais de “agora ou nunca”. Tiven a sorte de conseguir o contrato que teño agora, que en parte o conseguín grazas a que marchei ao estranxeiro, porque o valoran moito. Puiden montar o meu propio minigrupo de investigación e a realidade é que agora a cousa está mellor na investigación en España.

    Íache preguntar iso mesmo. Como está a situación? Segues notando diferenza co Reino Unido, por exemplo, en canto ao recoñecemento do voso traballo, as vosas condicións laborais, a estabilidade…?

    Si, iso si, segue habendo diferenzas e moitas cousas que mellorar, tanto nas condicións dos contratos como na burocracia. Aínda que agora polo menos xa non falamos de bolsas, senón de contratos, agora todo o mundo ten contrato. E hai zonas de España onde a cousa está mellor, hai centros moi, moi punteiros en España que non teñen nada que envexar aos do Reino Unido.

    ¿Aínda así, hai un menor recoñecemento da ciencia en España a todos os niveis, por parte da administración e da sociedade, en comparación con outros países?

    Creo que está a cambiar un pouco, aínda que si que ás veces segue parecendo que o traballo dos investigadores non fose un traballo como outro calquera. Creo que coa pandemia e as vacinas a xente concienciouse un pouco máis da importancia da ciencia e dos científicos. Fóra, no estranxeiro, sempre foi un traballo como outro calquera.

    Como valoras iniciativas como o Día da Ciencia na Rúa e outras que buscan achegar a ciencia á sociedade?

    É a parte que máis me gusta do meu traballo, encántame. En concreto, na miña área de investigación, que é a artrose, eu teño unha motivación continua. Porque a min mesma pódeme doer un xeonllo ou aos nosos pais ou aos nosos avós. Nese sentido, para min o poder facer algo que á xente lle axude día a día é o máis gratificante. Non hai ningún proxecto que me vaian dar ou ningún artigo que vaia publicar que sexa tan importante como axudar ás persoas.

    É importante, sobre todo, achegar a ciencia aos máis pequenos, verdade?

    Cando vas a un colexio, ves a ilusión, o amor pola ciencia que teñen os máis pequenos. Aí recordo por que estudei Bioloxía. Inculcarlles aos nenos e nenas que coiden o planeta ou ensinarlles como funciona o corpo humano, para min é impagable. Os nenos e nenas son curiosos por natureza e é o máis normal que lles interese iso; soamente hai que darlles ferramentas para que desenvolvan esta curiosidade e o seu espírito crítico.

    Eu participo habitualmente nas actividades do Día da Ciencia na Rúa. E no noso cole, desde que empezou o meu fillo, sempre vou á clase a ensinarlles algo e fago dúas ou tres experimentos. Para min nada é tan importante como desenvolver ese amor á ciencia.

    Fálase moito da fenda de xénero nas carreiras de ciencias, cunha presenza menor de mulleres en informática, enxeñarías… E hai moitas iniciativas para fomentar as vocacións científicas en nenas e nas adolescentes. Onde crees que está o problema? Xa no instituto ou máis adiante?

    Bioloxía é unha carreira que maioritariamente o estudan mulleres, mesmo cando eu a estudei, pero si é verdade que cando vas avanzando na carreira científica, aí ves que hai menos mulleres que chegan a postos importantes. Creo que unha das claves é a conciliación, onde estamos a mellorar, pero aínda hai bastante que avanzar.

    O que non pode haber son tantos obstáculos, sobre todo a partir do momento en que es nai. Creo que se vai avanzando, no SERGAS de feito hai agora máis facilidades e hai cambios a nivel familiar que fan que a cousa se iguale entre homes e mulleres. Pero queda camiño por facer, desde logo.

    E ti como levas conciliación? Supoño que, para empezar, correndo a todos lados…

    Si, correndo, si, si. A miña carreira non é como outro traballo e, por exemplo, mesmo cando estaba en baixa de maternidade, pois tiven que solicitar convocatorias de investigación, porque as convocatorias ábrense cando se abren.

    Moitas veces tes que facer grandes esforzos, como agora mesmo, que teño entregar un proxecto europeo que me require moitísimo tempo. Nese momento, afortunadamente, digamos que se sobrecarga o meu marido, e eu estou máis libre para traballar.

    Cando non tiña ao meu fillo, pois dedicaba demasiadas horas ao traballo. E agora só as dedico cando hai eses picos e despois tento facer unha vida normal e saír a unha hora razoable, aínda que non sempre o consigo.

    Que propostas farías ti para, nun cole como o Rosalía, incentivar esas vocacións científicas?

    Sobre todo, hai que empezar por estimular ese amor pola ciencia. Creo que actividades como as que fago eu, de vir ao colexio e facer experimentos, son importantes. Ademais, creo que o colexio debería tentar participar en actividades como as do Día da Ciencia na Rúa, que se celebrou hai uns días en Santa Margarida.

    Despois, tamén hai nenos que van a Olimpíadas de matemáticas e cousas así. Todo o que sexa facer actividades e ver outros nenos facendo cousas, creo que iso é o que máis os pode motivar.

  • A profesora Beatriz Borrazas cos seus alumnos.

    Co gallo da celebración do Día da Muller, o pasado 8 de marzo, preguntámoslle a Beatriz Borrazas, mestra de 2º de Primaria sobre as actitudes e ideas que teñen os seus alumnos e alumnas sobre a igualdade entre sexos e sobre o feminismo.

    De entrada, contounos que en realidade os rapaces e rapazas ás que dá clase son aínda moi pequenos e non pensan moito nestas cousas nin é un tema do que se fale demasiado nas aulas. Con todo, si que traballaron algo o 8M, destacando que o obxectivo era dar visibilidade ás mulleres que no pasado reivindicaron a igualdade de dereitos. “Ás veces resúltalles complicado entender iso, porque para eles e elas é algo normalizado que haxa igualdade no traballo ou na educación entre homes e mulleres”.

    Onde mellor perciben estes nenos e nenas a igualdade é no feito de facer ou non as mesmas tarefas na casa. E aínda que o que algúns ven na casa “é que as mamás están máis pendentes do coidado: van ás titorías, lévanos á escola, prepáranlles as merendas… e que os papás están máis centrados en traballar”, noutros casos os cativos e cativas ven que mamás e papás fan o mesmo na casa. En xeral, a mestra destaca que hai grandes diferenzas entre os valores e exemplos que cada neno ou nena recibe na súa familia.

    A igualdade tamén se demostra no interior da clase, nas relacións que establecen entre nenos e nenas. A mestra destaca que “na miña clase son todos igualitarios, non teñen problemas, e forman habitualmente grupos e equipos mixtos e xogan por igual”. As diferenzas comezan a verse no recreo pois “os nenos van por un lado e as nenas polo outro e xogan por separado”, e especialmente nótanse no fútbol, que é visto como claramente masculino, a pesar de que no cole tamén as nenas adestran e xogan ao balompé. No resto de deportes, en cambio, non se ven esas diferenzas.

    En xeral, a mestra apunta que as diferenzas e estereotipos comunmente asociados a nenas e nenos non están asentados nestes cursos e vanse consolidando coa idade e son máis claros nos últimos cursos de Primaria.

    A mestra destaca que fan falta moitas máis ferramentas e actividades de formación no cole e, por exemplo, propón unha ENAPA sobre educar en igualdade. “Traballamos moitos temas e sempre queda pouco espazo para educar en igualdade”, sinala, polo que propón que sexa a escola a que impulse máis accións, como obradoiros ou charlas. Aínda que cre que “no día a día si que o facemos, comezando polos nosos feitos e actitudes” antes o alumado e “explicándolles as cousas, falando con eles, sobre todo cando xorden preguntas espontáneas”.

    Con todo, destaca que o máis importante é o que se faga nas casas, nas propias familias. O máis importante, para ela, é “educar co noso propio exemplo”.

  • Rede sobre a cuberta do colexio.

    A ANPA encárgase da xestión dunha serie de servizos fundamentais para o funcionamento do centro, o benestar do alumnado e a conciliación das familias, coma o comedor ou as actividades extraescolares. Tamén facemos festas! Pero, ademais, traballamos e pelexamos polo correcto mantemento das instalacións do centro, algo imprescindible para garantir a seguridade e o benestar dos peques.

    Antes e depois do chan do colexio.

    Outra das nosas vitorias foi a reparación do chan do comedor, que levaba moito tempo con buracos que implicaban un risco de caídas para todas as persoas que utilizan as instalacións todos os días.

    Antes e depois dos azulexos dos baños.

    Igualmente, coas xuntanzas cos representantes municipais conseguimos que se instalasen nos baños dispensadores de xabón e de papel hixiénico. Así mesmo, nos baños arranxáronse os azulexos, que estaban caendo ao chan, o que supoñía un perigo claro para a saúde dos nosos fillos e fillas.

    O traballo da ANPA dá os seus froitos. Cantos máis sexamos, máis cousas conseguiremos para ter un cole mellor para os nosos peques!