A Anpa Aturuxo ven de programar actividades que combinan as sostidas con fondos públicos, as de entidades da nosa cidade e as de carácter privado. Apostamos por unha programación que mestura deporte, artes, linguas, cultura e inclusión.
Solicitamos a colaboración de entidades deportivas que teñen unha interesante traxectoria deportiva así como de empresas privadas que contan con anos de experiencia e moi boas valoracións, para que as familias teñan un amplo abano onde poder elixir.
No seguinte documento podedes ver a programación de actividades extraescolares para o curso 2025/2026.

